La noticia ye vieya, pero hasta agora nun tenía noticia de que m’espublizaren delles tornes que fici de poemes en gallegu de Rosalía de Castro.
REVISTA DE ESTUDOS ROSALIANOS
(ISSN: 1576-6128) (DL: C-1412-2000).
Revista de periodicidade irregular, pois o anterior número data de 2002, editada pola Fundación Rosalía de Castro a través do Centro de Estudos Rosalianos. Esta publicación pretende “ofrecer o catálogo completo de libros e traballos de tema rosaliano obrantes na institución”, así como memorias de licenciatura e teses de doutoramento. O seu director é Xesús Alonso Montero. No ano 2008 saíu o número 3, coordinado por Helena Villar Janeiro e Fernando Pazos García, e subvencionado pola Consellería da Presidencia. Este número contou coas seguintes seccións: “Estudos”, “A xustiza pola man”, “Premios Rosalía 2006”, “Os poetas cantan a Rosalía”, “Os poemas de Rosalía traducidos” e “Xuízos sobre Rosalía pouco coñecidos”. Na sección “Os poetas cantan a Rosalía” apareceu un “Anexo: poemas con presenza de Rosalía de Castro” que acolleu as composicións poéticas intituladas “A campana da soidade”, “Rosalía Castro”, “Loito, fedor e medo”, “A Rosalía de Castro” e “Galiceibe (fragmento)”; e tamén se achegou un soneto de Xosé Carlos Gómez Alfaro, intitulado “Non nos abandona…”, publicado en Poetas con Rosalía. A sección “Os poemas de Rosalía traducidos” acolleu unha escolma bilingüe (galego e francés) do profesor Xosé María García Vaamonde do Libro II de Follas Novas, intitulado “¡Do íntimo!”; e en “Tradución ao asturiano” acolléronse varios poemas de Rosalía en edición bilingüe (galego e asturiano), traducidos por Esperanza Mariño Davila e Inaciu Galán y González; e a versión inédita do epicedio “Á Rosalía”, de Curros Enríquez, publicado no número 5 d’A patria gallega. Os artigos referidos á literatura galega atópanse nos apartados correspondentes deste Informe.